Voz Natura


🌻🌼Voz Natura 🌼🌻

Este finde saímos no xornal!! 

Un reporteiro da Voz de Galicia achegouse ata a nosa escola para informarse sobre o proxecto de Voz Natura. Como bo xornalista fíxo milleiro de preguntas. Ás cales, os nenos e nenas contestaron con moita ilusión.
Contáronlle que esta é unha proposta levada a cabo polo profe Cabana, onde os nenos e nenas de sexto coordinan  un pouquiño a actividade da "aula de Voz Natura". Dicimos aula porque é un espazo máis de aprendizaxe. Destaca  principalmente pola convivencia e integración de valores entre alumnado de diferentes idades, o respecto á natureza e coidado da mesma.
De maneira voluntaria o alumnado do Frei Luís achégase durante os recreos a gozar deste espazo verde. 


A aula conta con tres espazos diferenciados; o invernadoiro, o recuncho das plantas aromáticas e a casa dos bichos. Entre todos regan, arrincan as malas herbas e fan o mantemento necesario.

Ademais, este ano, como referencia e homenaxe ao 50 aniversario do colexio, pintaron un mural conmemorativo onde a protagonista é Luisiña, a curuxa que tamén argalla actividades pola biblioteca.
E non todo é terra... Tamén conta cun minimundo acuático. O alumnado, antes de ir a Educación Física e psicomotricidade, para contemplar a tranquilidade que transmite o acuario coa súa música relaxante de fondo e dalle de comer aos peixiños.


Animámosvos a gozar de calquera destas experiencias!!!



 DÍA DA POESÍA 

18 DE MARZO DO 2026

" Unha xornada para sentir e compartir"


O pasado 18 de marzo, o noso centro participou na no xa consagrado "Día da poesía". Celebramos xunto cos demais centro da comarca unha xornada moi especial onde se lembrou ao seu creador Eduardo Moure e se homenaxeou aos nosos montes. Devastados polos lumes o pasado verán.

 A poesía demostrou, unha vez máis , que é unha ferramenta poderosa para expresar sentimentos, conectar persoas e construír comunidade.

O alumnado foi o verdadeiro protagonista, compartindo recitados, creacións propias e interpretacións que puxeron en valor a forza das palabras.

O broche final púxoo o concerto de Francisco Castro con repertorio de cancións da nosa terra.

Resumindo, foi un espazo de encontro e convivencia arredor da literatura. Estes foron os nosos poemas.





MEDRE A POESÍA!




8M: DÍA DA MULLER


  8 M; DÍA DA MULLER


 

   Para comemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, creamos entre 

tod@s un mural onde aprendemos sobre a importancia  de construír un 

mundo máis xusto e igualitario. Descubrimos historias inspiradoras a través 

de varios exemplos de mulleres de diferentes continentes. 

Partindo sempre da nosa casa. Das nosas mulleres... nais, avoas...


TRABALLANDO POLA IGUALDADE 

                               * Aquí está o resultado (preme no enlace)


                                                XUNTOS POLA IGUALDADE




FOTIÑOS DO DÍA..









 


 


ROSALÍA DE CASTRO

Como cada 23 de febreiro,, na escola rememoramos a escritora na nosa terra por excelencia. Traballamos c o día de Rosalía de Castro como símbolo do rexurdimento galego. Esta conmemoración está marcada  para ter unha oportunidade especial para lembar a súa vida, a súa obra e o amor profundo que sentía por Galicia, pola súa lingua e pola súa xente.

Celebrar o Día de Rosalía é tamén reafirmar o noso comprosimo coa lingua galega, empregándoa con orgullo e coidándoa cada día. Rosalía ensinounos que a nosa lingua é un tesouro e que a través dela podemos expresar como o que somos.

Nela foron inspiradas lecturas e outras manualidades realizadas. Aquí podedes ver algunha delas. 


Fotos Rosalía 26

Entroido 26


🎉🎭ENTTROIDO 2026🎭 🎉

DESFILE DE INTERNACIONAL



   Este 2026 vivimos unha aventura inesquecible no noso colexio: demos a volta ao mundo

 sen saír das aulas! Italia, España, África, Canadá, China,... e, como non podía ser doutro xeito,

 Galicia tamén tivo o seu lugar especial nesta viaxe da man dos máis pequechiños.

   O máis fermoso desta experiencia foi ver como, a través da caracterización, da burla sa e

 da risa compartida, aprendemos a valorar a diversidade. O entroido ensínanos que a cor une,

 que o humor constrúe pontes e que coñecer outras culturas é a mellor maneira de medrar.

   Cabe destacar o esforzo que hai detrás das caracterizacións  e que cada destino tiña a súa

 coreografía vencellada ao estilo e lugar: movementos, música, vestuario e posta en escena

 que nos alentaban a querer coñecer os devanditos lugares. Tamén mencionar as fermosas

 caraturas realizadas polo noso alumnado no seu fogar.


Aquí deixamos una parte da nosa festa!


ENTROIDO 2026

DÍA DA PAZ


DÍA DA PAZ  -- 30 DE XANEIRO 




   No noso colexio celebramos o Día da Paz cun mural cheo de significado. Nel aparece un atlas que nos lembra que a paz non ten fronteiras e que todos os pobos do mundo deberían estar unidos polos valores de convivencia, a solidariedade e o respecto. Saber que a paz sae de cada un de nós, e por pouco que pareza nun mundo tan grande, entre todos, podemos melloralo.

   As pombas cheas de cor, representan a diversidade e o respecto que nos debemos ter como persoas. Poñen en valor todo aquilo que nos fai diferentes, e ao mesmo temo, iguais. Buscamos a equidade! Cada cor simboliza a riqueza que achega cada neno e nena á nosa comunidade educativa.

   Trala lectura dun manifesto conmemorando do día, todos os presentes cantamos a canción "Chea de vida" que fala sobre a emigración e a volta ás raíces.

    Dentro das aulas tamén se traballou o día con diferentes actividades. Aquí algún exemplo:










































Grazas nenos e nenas polo voso entusiasmo nestes traballos. 


 


 

 NADAL 2025


    Durante esta semana os nenos e nenas durante o recreo soltaron a súa cretividade navideña. Os seus debuxos alegraron a nosa entrada.

 

Ademais nas aulas crearon as súas propias postais que estuveron expostas no corredor.



Os nosos peixiños tamén se adornaron para a ocasión.




   E chegado o gran día, vestímonos coas nosas mellores galas para xuntarnos e compartir  un rico chocolate con churros e cantar uns aguinaldos  versionados por eles mesmos.   Os cales puxeron ritmo e emoción a este encontro tan especial. 
   Para rematar, vivimos un momento moi especial coa celebración das doce badaladas, seguindo a nosa propia tradición con doce gusanitos. 

   Despedimos así dun xeito festivo e cheo de bos desexos o primeiro trimestre.


En breves máis fotiños...



🎄BO NADAL A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA🎄