DÍA DO LIBRO DE 4ºA....CO RESTO DO COLE!!



Este ano en 4º A aprendimos unha técnica diferente de contar contos: o Kamishibai.
O Kamishibai, que en xaponés significa "Teatro de papel", é unha forma antiga que usaban en Xapón para contar os seus contos. Os vendedores de golosinas, que viaxaban polas cidades en bicicleta, facían sonar a súa carraca conseguindo que os nenos e nenas se arremolinasen ao seu redor. Cando xa tiña vendidas algunhas golosinas sacaba o seu Kamishibai de madeira e contáballes unha historia aos cativos/as.
Na nosa clase, comezamos investigando o que era un Kamishibai, visionando un video en Youtube, no que unha rapaza arxentina nos contaba en castelán o conto de "Sal e azucre". Fumos a buscar o conto á biblioteca e comezamos a ilustralo por grupos. Ao final escribimos o texto e ensaiámolo en clase. Pareceunos que esa actividade non podía quedar na nosa aula, xa que tiñamos a uns verdadeiros contacontos na nosa clase e quixemos ir por todas as clases do centro a ensinarlles o noso traballo.
Foi unha experiencia xenial, xa que nun colexio tan grande como o noso, é moi importante que os nenos e nenas se relacionen entre sí nas diferentes aulas, axudoulles a quitarse o medo e a vergoña e traballamos a autoestima de cada un e a importancia de sentirnos valorados.