30 de xaneiro día da paz e da non violencia.

    

  Dende o claustro do C.E.I.P Frei Luis de Granada e o apoio do E.D.N.L e o E. de actividades complementarias e extraescolares estamos a deseñar actividades lúdicas para motivar , concenciar e reflexionar nas nosas aulas co noso alumnado sobre o noso día a día, das actitudes que favorecen ou dificultan un clima de paz. Invitando aos nosos alumn@s a aprender a evitar a violencia e comprometerse cunha educación para a tolerancia, a solidariedade e respero aos Dereitos Humanos.
Acordamos baixo o lema "Xuntos pola paz", facer uns bonecos de cartulina, pórlles a foto de tod@s @s membros da comunidade educativa, e decoralos con distintos tipos de materiais, segundo gusto persoal.
Con todos estes bonecos faremos un mural, esperade ao día 30, e amosarémosvos o fermoso e divertidas que resultan as actividades dende a colaboración, respeto e sentido do humor.... 

Aquí tedes a proba do moito que gozamos tod@s membros da comunidade educativa con esta actividade........


O alumnado de infantil actualmente están a traballar o proxecto "Os alimentos", así os alumn@s de 4º de educación infantil cociñaron unha "sopa da paz" , para a cal empregaron como ingredientes palabras relacionadas coa paz........Mirade que pucheiro
máis saboroso......

De igual xeito o alumnado de 5º e 6º de educación infantil elaboraron uns mosaicos coa temática da  "Paz" do máis fermoso e colorido........
Pero a creatividade vai máis aló......non se fartaron de pucheiros e mosaicos que elaboraron unhas coloridas e sobretodo solidarias piruletas.....co obxectivo de compartilas......ahí as tedes......como nós puxemos.....!!!!!!!





É moita a creatividade do noso alumnado, quedando de manifesto noutras formas artísticas de manifestar un valor tan importante na vida e nos centros educativos, como é o C.E.I.P Frei Luis de Granada que cada curso recibe alumnos de diversas nacionalidades.