8 DE MARZO - DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O 8 de Marzo é o Día Internacional da Muller, día que conmemora a loita da muller pola súa participación en igualdade co home, na sociedade e no seu desenrolo como persoa.
Por iso, dende o CEIP Frei Luís de Granada queremos recordar nesta data a mulleres importantes que puxeron, en diferentes ámbitos, o seu "graniño de area" nesta loita.