Visita á exposición de MANUEL VALCÁRCEL

      Nestos días os nosos alumnos e alumnas encamiñaron os seus pasos dirección á Casa da Cultura co fin de ollar a exposición de MANUEL VALCÁRCEL

   Nesta exposición, titulada "AUGA, O SANGUE DA TERRA", Manuel Valcárcel fai unha homenaxe a este elemento, que nas súas palabras, é un "elemento vital que debe ser motivo de unión e xamais de discordia. Un elemento que debemos coidar e protexer porque marcará o devir das xeracións vindeiras".

Durante a visita os nosos nenos e nenas tiveron ademais dunha explicación sobre as fotografías expostas, un taller para concienciarse un pouquiño máis sobre a importancia que ten a auga e o importante que é usala correctamente. A continuación, tedes o resultado dalgún destos tallares.