O SON QUE ME ARROLA

     Este venres visitou o noso cole o grupo "O son que me arrola" que colabora coa Asociación Socio - Educativa Antonio Gandoy. Esta asociación é unha entidade sen ánimo de lucro que pretende difundir unha cultura da infancia e promover unha educación da mesma reforzando as competencias parentais das familias.

     Este grupo do que disfrutaron todos os nenos e nenas de infantil achegoulles aos máis cativos a cultura tradicional galega, da man dos cantos de berce, das rimas e da instrumentación e ofreceulles un espazo lúdico onde puideron manipular diferentes instrumentos de percusión e outros realizados con material de refugallo.

     Pinchade aquí e na seguinte imaxe se queredes ver o ben que o pasaron nesta actividade.