O 30 de xaneiro celébrase o Día da Paz e tal como indica
o mural que fixemos este curso “a paz está nas nosas mans” e é a nosa responsabilidade esforzarnos cada día para poder conseguila. Para elo, cada un de nós debemos fomentar
e cultivar valores fundamentais e básicos como a AMABILIDADE, o RESPETO, o COMPAÑERISMO,
a SOLIDARIEDADE e a EMPATÍA.
Estes valores sempre deben estar presentes nas nosas vidas
pero ante as adversidades e os golpes duros que poidan xurdir, deberían se
cabe, brilar con máis forza. Por iso, gracias a todas aquelas persoas que nos
momentos difíciles sacan o mellor de si mesmas e son capaces de empatizar coa dor
allea, porque gracias a elas, o mundo será un pouquichiño mellor e todos poderemos convivir en paz.
Neste día tamén quixemos recordar ao noso querido compañeiro LUIS MARIO e dende aquí, darlle o noso pésame a súa familia e enviarlles todo o noso ánimo e agarimo.