8 de Marzo - Día Internacional da muller


     O 8 de Marzo é o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER e no CEIP Frei Luís de Granada puxémonos mans á obra para traballar os valores que se reivindican nesta data.

     Este día, como sabedes, é unha xornada cargada de movilizacións a nivel mundial co fin de visibilizar á muller, loitar contra a desigualdade de oportunidades, a brecha salarial, a violencia machista e a precariedade.