O APALPADOR

Hoxe chegou ao Frei Luís unha visita moi especial...
O APALPADOR!!
Sabede que para vir a ver aos máis cativos do cole, este apalpador tivo que adiantarse un chisquiño xa que normalmente é unha persoaxe que se deixa ver só en Noiteboa para tocarlle a barriga aos máis pequenos e así, saber se ao longo do ano comeron o suficiente, deixándolles se non, un montón de castañas e eventualmente algún agasallo e desexándolles sempre un bo ano cheo de felicidade e de comida.



Se queredes ver máis imaxes desta visita, facede clic AQUÍ.