Exposición de Xela Arias
A exposición sobre Xela Arias, escritora sarriá que será homenaxeada o vindeiro 17 de Maio "Día das Letras Galegas" que percorre os centros educativos da vila, chegou á nosa escola.
A exposición "Aquela nena de Sarria" realizada polo colectivo Egeria, repasa a súa vida e obra.
Patrocinada pola Consellería de Cultura en colaboración con Galicia Dixital, o Concello de Sarria e a Real Academia Galega.
Un día diferente, punto de partida de moitas actividades sobre as Letras Galegas neste ano tan especial para a vila de Sarria.
Grazas por contar con nós !