ACRÓSTICOS

Outro traballo sae do "forniño" do Frei Luís, cantas sorpresas  nos quedan... 

Os nenos/as de 3º B están atrapados doblemente pola poesía, si, si...

A súa profe Elena é poeta. Forma parte dos "Poetas de Sarria en prol de Xela"e xa participou cos seus versos na exposición conmemorativa que visitou a nosa escola hai uns días. O seu amor polas letras estendeuse aos seus alumnos/as e que como non podía ser doutro xeito os nenos/as quedaron atrapados pola poesía. Nestes tempos nos que Xela é protagonista, sentíronse inspirados e as verbas floreceron.

Xuntos  fixeron acrósticos coas iniciais do seu nome .

Un traballo fantástico!