Minerva, Patria e María Teresa Mirabal foron tres irmás da República Dominicana apodadas "Las mariposas" que foron asesinadas o 25 de Novembro de 1960 por orde do ditador Rafael Trujillo debido a súa constante loita por derrocar ao seu réxime e acabar así coas inxustizas que sufrían as mulleres.
Tras a súa morte, as tres irmás convetíronse nun símbolo da loita polo benestar das mulleres, ata tal punto que o 25 de Novembro foi a data elexida para celebrar o día contra a violencia á muller no que organízanse actividades e movilizacións a favor dos dereitos da muller por todo o mundo.
"Las mariposas" era o nome secreto que as irmás empregaban para gardar a súa identidade mentres loitaban contra o réxime e por iso este ano no Frei Luís eleximos as bolboretas como símbolo para traballar esta efeméride.
Todos os nenos e nenas do centro participaron na elaboración e na decoración de diferentes bolboretas baixo un mesmo lema: "ÁS PARA VOAR LIBRES" pero como podedes ver a continuación, cada unha delas ten o seu propio estilo.
Con todas as bolboretas decoramos a fachada do noso colexio para que ninguén olvide nunca a importancia que teñen valores tan fundamentais como a igualdade, o respecto e a liberdade.
Se queredes ver con máis detalle todas as bolboretas e como quedou o noso cole, só tedes que facer clic na seguinte imaxe.