DÍA DA PAZ
Este 30 de Xaneiro foi especial. A muiñeira e os aturuxos das nosas Tanxugueiras inspiráronnos para que máis que nunca os nosos desexos de PAZ e LIBERDADE chegaran máis lonxe.
A ritmo de muiñeira expresámonos,emocionámonos e lanzamos as nosas mensaxes ao mundo, os nosos mellores desexos , as nosas reflexións de nenos/as...
Este Día da Paz...foi diferente...
Sentimos a pertenza a Galicia e un profundo orgullo da nosa lingua...
Sentimos como formamos parte importante dun pobo con gran amor a nosa cultura e tradición...
Sentimos a necesidade de traballar por conseguir un mundo mellor do que formamos parte importante .
Ese mundo ideal no que ... NON HAI FRONTEIRAS!
Dende a nosa escola escoitade o noso berro e as nosas ansias por mellorar o presente.