TEMPO DE OUTONO....
Outubro tempo de castañas e cabazas, de mortos e ánimas.
Tempo escuro de vellos costumes e tradicións ancestrais.
No Frei Luís voltamos ás orixes, recuperamos actividades que a pandemia nos negou... e por fín celebramos o Magosto e o Samaín tod@s xunt@s, cunha intensidade especial.
Unha festa para que as familias, Anpa, mestres e alumnado traballamos a reo. Esgotados, pero satisfeitos e co sorriso aínda presente nos beizos.
Compartimos convosco unha morea de actividades que encheron a nosa axenda. Disfrutade dos mellores momentos.
Dende as casas coa colaboración das familias as cabazas amosaron a súa cara màis terrorífica, imaxinación e creatividade, traballo en equipo e superación.Visita a nosa exposición on line!
Xuntos celebramos o magosto. Asamos e degustamos unhas riquísimas castañas, o son da gaita escoitouse unha vez máis na nosa escola e arrincamos no noso alumnado uns puntos de muiñeira...Bailamos sen parar!!!!.Festa rachada!!!
O túnel do medo, tan esperado, despois de anos sen o poder realizar non defraudou a ninguén.
Màis terrorífico que nunca amedentrou a todos os visitantes.
As familias voltaron á escola e saíron atemorizadas e os nenos/as viviron unha experiencia na que puxeron a proba a súa valentía.
Visita a nosa galería de imaxes e revive a nosa gran festa...
Preme na imaxe