DÍA DA DISCAPACIDADE
O 3 de decembro celébrase en todo o mundo o "Día Internacional das Persoas con Discapacidade".Trátase dunha cita que pretende concienciar e chamar a atención sobre os dereitos e benestar das persoas con discapacidade.
Con ese obxectivo foron convidados os alumnos/as de 6º de Ed. Primaria a unha xornada no IES XOGRAR AFONSO GÓMEZ polos alumnos/as do ciclo de "Atención a Persoas Dependentes" que cursan alí os seus estudos.
Unha intensa mañá que non olvidaremos e na que vivenciamos o día a día das persoas que sofren algún tipo de discapacidade.
Puxémonos no seu lugar e experimentamos os atrancos que atopan para desenvolverse na sociedade.
Regresamos á escola agradecidos unha vez máis ao Instituto de pensar en nós e convidarnos a unha xornada na que aprendemos un montón e nos fixo reflexionar.
Moitísimas grazas!!!!
Na nosa escola xurdiron moitas actividades... compartimos convosco
"SOMOS OS SÚPER HUMANOS" un proxecto precioso dos alumnos/as de 2ºB.