"APERTAS QUE VOAN"

Mes de Xaneiro, "Día da Paz". Os nenos/as do Frei Luís preparados estamos para cambiar o mundo.

As nosas mans son  as protagonistas de transformalo  no lugar que desexamos.

 Un lugar de encontro entre culturas, de inclusión, de liberdade, de igualdade...

UN LUGAR CHEO DE AMIGOS!

 
Este 30 de xaneiro, adaptamos á lingua de signos a canción de Paco Nogueiras que xuntos cantamos para conmemorar esta data.
Un proxecto en equipo que uniu a  alumnos/as e mestres e nos achegou a unha linguaxe descoñecida.

Queredes velo?


Así foi na nosa escola o 30 de Xaneiro...

Xuntanza no patio...e moitos traballiños de aula.