DÍA DE ROSALÍA 

Aínda co disfraz posto...pillounos o Día de Rosalía.Un mes de febreiro moi intenso!!! 

Rosalía de Castro a  escritora galega que foi precursora da poesía española moderna e do existencialismo e unha pioneira do pensamento feminista, celebraba o seu día.
 Mito e símbolo de Galicia, autora de obras  inmortais como Follas Novas ou  En las orillas del Sar, foi unha escritora innovadora e comprometida adiantada no tempo, que empregou o galego na literatura cando ninguén o facía. 
Nas súas obras reflicte a situación dunha Galicia maltratada e desangrada pola emigración, denuncia  da pobreza dos labregos galegos  e a precaria situación laboral de moitos que estaban fóra. 
Rosalía de Castro esa  muller singular chea de  sensibilidade...
Así a recordamos no Frei.
Recitamos a súa poesía.
Musicamos os seus versos.
Traballamos a súa vida e obra.

FELIZ DÍA DE ROSALÍA...