DÍA DA POESÍA

A Praza da Vila acolleu por segundo ano consecutivo  aos centros educativos da comarca.
Todos  unidos nunha fermosa convivencia poética organizada polo Ies Gregorio Fernández.
Un día de encontro e de poesía a carón da  figura de Manuel María, poeta da Terra Cha, na que os seus versos encheron de beleza a nosa vila.
O Frei Luís non podía faltar á cita e o alumnado de 6º de primaria representounos  no recital.
Pincha nas imaxes para escoitar os nosos recitados...

Moitísimas grazas pola invitación!