II ANDAINA 25N


 

 SEGUIMOS CAMIÑANDO XUNTOS

25N: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

   Por segundo ano consecutivo, realizamos a nosa ANDAINA 25N  arredor do colexio, unha actividade que simboliza que camiñamos xuntos cara un futuro e presente inmediato  no que dicimos NON á violencia e SÍ ao respecto e á igualdade. Cada paso representou o noso compromiso por unha escola segura, tranquila e acolledora a todas as persoas.

   Cada alumno, na parte traseira da inscrición á II ANDAINA 25N escribiu un consello para mellorar a convivencia. Con todas esas mensaxes  construímos un mural que nos enche de orgullo, porque está feito coas ideas, ilusións e desexos de todo o alumnado.

   Moitos dos consellos coincidían nunha mesma idea: que tratarse ben é o primeiro paso para vivir en paz. Entre todos e todas  fomos escribindo frases como:

- Axudarnos cando alguén o precisa.

- Resolver  os conflictos falando.

- Escoitar e respectar.

- Tratar con agarimo e sen insultos.

- Ser amigos, ser equipo.

   Previo á nosa camiñata, escoitamos un manifesto referente ao día que resume a importancia da conmemoración deste día.



Aquí podedes ver o noso día en imaxes;