DÍA MUNDIAL DA TERRA


DÍA MUNDIAL DA TERRA.

O planeta Terra mándavos unha mensaxe neste día de celebración.
Prestade atención...


Xa vedes o futuro do noso planeta está nas nosas mans.

Seguro que  tedes unha árbore favorita, porque a plantastes vós, polos recordos que vos traen á cabeza, polo rico que saben os seus froitos, pola  súa lonxevidade, por algunha anécdota que vos contaron ou polos momentos vividos ao seu carón...

Axúdados a facer o libro "As Árbores do Frei".
Podes mandarnos o debuxo ou fotografía desa árbore que hoxe dende a túa casiña recordas.
Pon o teu nome e explícanos brevemente o porqué.

voznaturafreiluis@gmail.com


Acordádesvos a que soa a Natureza?.
Imos facer un xogo de adiviñas....no vídeo aparecerán diferentes sons....saberás identificalos?.

Procura adiviñar antes de ver a solución ou pide axuda para poder escoitar a proposta sen mirar.



ÁS VECES NON LLE DAMOS APREZO ÁS COUSAS ATA QUE AS PERDEMOS.
ÁNIMO PRONTO VOLVEREMOS A DISFRUTAR DELA!

Compartimos con vós as árbores que nos van chegando..

A árbore favorita de Helena de 2º é o olivo da súa avoa.

Ari de 4º recorda a camelia dos seus avós, pretiño da horta.