A FESTA DO BELÉN


 Desde o Equipo de Normalización Lingüística e a asignatura de Música, elaboramos este vídeo da panxoliña A festa do Belén para participar no concurso proposto por Lucía Pérez co alumnado de 5º A, 5º B, 6º A, 6º B e 6º C.
   
   Para velo, só tes que clickar na imaxe:

https://drive.google.com/file/d/0B8xHzUJ1zhB_emtINmI0MlhLYlk/view?usp=sharing

Esperamos que vos guste e desexámosvos a todos FELICES  FESTAS!! 
Video recopilatorio nadal 2015.....
 

Revista cultural do apalpador. E.D.N.L

Estamos a traballar no deseño e desenvolvemento de diversas actividades para celebrar O Nadal, aquí tedes un anticipo para coñecer un pouco máis a figura do Apalpador.
Presentámosvos o primeiro número da revista cultural do Apalpador.

Obradoiro de contos.

“A música das árbores”..... Baixo este título o vindeiro 17 de decembro o EDNL do centro, organizou un obradoiro de contos dirixido coa batuta dun gran mestre de fabricar burbullas de ilusións a moitos nenos e nenas nos seus percorridos na súa bibliobici , como é Anxo Moure. Esta actividade está enfocada a todo o alumnado do centro.

Día do peón.


Polo San Martiño, peóns ao Camiño.
Polo Santo Amaro, peóns ao faiado.
Polo San Antón, trompos ao caixón.
Pola Santa Olaia, peóns á borralla.....
Polo..................





Letras Galegas 2015

Este ano para traballar o día das Letras Galegas, as distintas clases decidimos afondar no fermoso da nosa lingua e da nosa cultura, por iso saíron traballos tan feitiños coma estes!
A Comunidade Educativa do Frei Luis de Granada quere expresar o seu pésame e acompañar á familia do noso compañeiro Esteban enviándovos todo o noso ánimo e agarimo.
Con motivo deste tráxico suceso, hoxe quixemos dedicarlle un minuto de silencio e mañá quedará suspendido o festival das Letras Galegas.



ESTEBAN LEMBRARÉMOSTE SEMPRE!
Cando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.
Cando maxino que es ida,
no mesmo sol te me amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.
Si cantan, es ti que cantas,
si choran, es ti que choras,
i es o marmurio do río
i es a noite i es a aurora.
En todo estás e ti es todo,
pra min i en min mesma moras,
nin me abandonarás nunca,
sombra que sempre me asombras.
Rosalía de Castro (Follas Novas)

CIRCUITOS ELÉCTRICOS

SABEDES O QUE É UN CIRCUITO ELÉCTRICO? OS NENOS E NENAS DE 6º ENSINÁMOSVOS A FACER UN. É MOI SINXELO. VEREDES. SOAMENTE NECESITAMOS CATRO COMPOÑENTES: UNHA LÁMPADA, UN FÍO CONDUTOR, UN XERADOR DE ELECTRICIDADE E UN ITERRUPTOR.
CON ISTO, PODEN SAÍR COUSAS TAN BONITAS COMO ESTAS:








FELIZ DÍA DA NAI!!

Hoxe dende o cole queremos felicitarvos ás nais dos nosos/as pequenos/as e a todas aquelas personas, que aínda non sendo nais,coidades dos nosos alumnos/as como se o fosen. Dende as clases de 4º, así como para o día do Pai lles preparamos uns cadernos moi tecnolóxicos...para as nais decidimos facer uns xoieiros en 4º A e uns poemas moi especiais en 4º B. Esperamos que vos gustasen!

DÍA DO LIBRO DE 4ºA....CO RESTO DO COLE!!



Este ano en 4º A aprendimos unha técnica diferente de contar contos: o Kamishibai.
O Kamishibai, que en xaponés significa "Teatro de papel", é unha forma antiga que usaban en Xapón para contar os seus contos. Os vendedores de golosinas, que viaxaban polas cidades en bicicleta, facían sonar a súa carraca conseguindo que os nenos e nenas se arremolinasen ao seu redor. Cando xa tiña vendidas algunhas golosinas sacaba o seu Kamishibai de madeira e contáballes unha historia aos cativos/as.
Na nosa clase, comezamos investigando o que era un Kamishibai, visionando un video en Youtube, no que unha rapaza arxentina nos contaba en castelán o conto de "Sal e azucre". Fumos a buscar o conto á biblioteca e comezamos a ilustralo por grupos. Ao final escribimos o texto e ensaiámolo en clase. Pareceunos que esa actividade non podía quedar na nosa aula, xa que tiñamos a uns verdadeiros contacontos na nosa clase e quixemos ir por todas as clases do centro a ensinarlles o noso traballo.
Foi unha experiencia xenial, xa que nun colexio tan grande como o noso, é moi importante que os nenos e nenas se relacionen entre sí nas diferentes aulas, axudoulles a quitarse o medo e a vergoña e traballamos a autoestima de cada un e a importancia de sentirnos valorados.










ASÍ CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO EN 6º

Os nenos e nenas de 6º de Primaria celebramos o día do libro facendo unhas tarxetas para dar como agasallo aos nenos, nenas, profesores, profesoras... do noso cole. E con unha sorpresa moi doce!






Saídas curso 2014-2015



Neste mes de maio imos ter moitas actividades para desenvolver , as excursións, estamos a preparar o festival das letras galegas, que celebraremos o 15 de maio, rematar  a revista escolar, preparar o maio…..


Saídas extraescolares curso 2014-2015



Descubrimos unha nova ferramenta DIPITY, ten moitas utilidades, queremos amosar a través desta liña do tempo as saídas extraescolares do curso 2014-2015.
Faltan datas, pero añadirémolas para a vindeira semana....