A violencia de xénero é un problema de mulleres e de homes, da infancia, da xuventude, das persoas maiores, de calquera clase social, cultura, ideoloxía ou relixión.... é un problema social.
Por todo o anterior, hoxe no CEIP Frei Luís de Granada decimos ben alto:
NON A TODO TIPO DE VIOLENCIA,
e vestimos no noso brazo un brazalete negro en sinal de loito polas víctimas da violencia de xénero.
Como a eliminación da violencia é tarefa de todos neste centro poñemos o noso gran de area para erradicala educando a todos os nosos alumnos baixo os valores da igualdade e do respeto. Por iso, nestes días teremos varias actividades nas que traballaremos e faremos fincapé nas actitudes erróneas que facemos de forma insconsciente pero sobre todo, nas actitudes positivas que debemos fomentar e practicar no día a día.
A primeira destas actividades foi traballar a canción "Vacío", de Rosa López. Para elo, todos os niveis de primaria reflexionaron sobre a súa letra e elixiron a frase da canción que máis lles gustou e que posteriormente, explicaron ao resto dos seus compañeiros. Despois, cantámola todos xuntos.
Facede clic na seguinte imaxe se queredes ver esta actividade.