CAXOTO CONTACONTOS


    Onte todos os alumn@s dende infantil ata 6º de primaria, disfrutaron do contacontos Caxoto e ademais, hoxe os alumnos de 3º e 4º, puideron facer un obradoiro con el baseado na igualdade de xénero, xa que Felipe Díaz (Caxoto) é un contacontos que está detrás de "A trastenda dos contos", un proxecto que naceu para que a narración oral conflúa con outras disciplinas artísticas, actividades lúdicas e artes escénicas, traballando sempre contidos educativos e a formación en valores.
    Esta actividade, como vos comentamos na entrada anterior, forma parte dun proxecto do Frei Luís que ten como obxectivo a promoción da igualdade entre homes e mulleres e a prevención da violencia de xénero.
    A continuación, podedes ver fotos e vídeos da visita deste contacontos, se facedes clic aquí.