EDUCACION FÍSICA.PREPARADOS?




Por fin! Chegou o momento de sair, correr, brincar, montar na bici, botar a  pelota...tantas cousas que levavades días planeando ...disfrutade da horiña ao aire libre, pero non  esquezades  as normas para que todo vaia ben.

ESCOITADE...


ÁNIMO!

Cada día que pasa é un día menos para voltar ao cole....o patio da nosa escola estanos esperando, grazas aos veciños mirade como  loce estes días na nosa ausencia.
Din que ata botan de menos os  nosos pelotazos, o balbordo nas entradas e saídas, o rebumbio  dos recreos, a música...
GRAZAS VECIÑOS DO FREI POR POÑER O NOSO COLE TAN BONITO!




Esta semana propoñémosvos facer ioga...apetécevos?
Aquí vos deixamos unha divertida  actividade.
Repetide cada postura ata conseguila .
SINXELO NON?

Pois agora a poñelo en práctica propoñémosvos dous taboleiros de xogo escollede o que màis vos guste, buscade un adversario e consegue antes que el "TRES EN IOGA".

Precisas tres fichas para mover.Respeta o turno de xogo.
Unha vez conseguido o 3 en ioga debes reproducir as figuras nas que tes a ficha colocada ,
se eres capaz  de facelo o punto é teu!.

Pincha na imaxe para poder imprimila e xogar. Se non podes imprimir non te preocupes , debuxa o teu propio taboleiro.
SORTE!




SABEDES QUE RETO VOS PROPOÑEMOS ESTA SEMANA?

PULSADE NA IMAXE.