Ola a tod@s! Como ides? Seguro que agora que xa podedes saír un pouquiño á rúa moito mellor, non? pero acordádevos de cumprir ben as normas e de protexervos moito para non contaxiarvos.
Como sabedes, na última quincena repasamos o ritmo, pois ben, nestas dúas semanas repasaremos as NOTAS e a ALTURA DO SON.
A continuación, déixovos os enlaces para que as practiquedes cada un no voso nivel, pero antes, repasádeas un pouco😉.
Despois de repasar as notas cos xogos anteriores, animádevos e mandádeme ao correo freiluismusica@gmail.com vídeos de vós cantando unha canción que vos guste. Podedes cantala sós ou acompañados, con música ou "a capela", con ou sen coreografía, caracterizados do cantante que escollades ou non, etc. Para elo, podedes poñer en YouTube "karaokes" e xa vos saen moitas cancións ou elexir unha canción dalgún xogo que teñades tipo "La voz" ou "Let's Sing" ou unha canción típica da nosa terriña, pero eu anímovos a que lle poñades imaxinación e inventedes a vosa propia canción.
Seguro que vos queda xenial!!
Seguro que vos queda xenial!!
Para os máis cativos, déixovos a canción que cantamos na clase, pero o dito, podedes elexir outra se queredes.
ESPERO OS VOSOS VÍDEOS!!