EDUCACIÓN MUSICAL


Boas de novo!! Xa estamos en Xuño, como corre o tempo!  Infórmovos de que esta é a última publicación de música deste curso, que como pouco, será inolvidable. Así que quero despedirme de vós e desexarvos un feliz verán. Vémonos en Setembro!😉
Esta última semana faremos un repaso xeral dos aspectos máis importantes do curso. Para elo, déixovos a continuación dous cuestionarios. 
Os de 1º, 2º e 3º só tedes que facer o voso cuestionario. 
Os de 4º, 5º e 6º, tedes que facer os dous. 
Cando os fagades, mandádeme ao correo freiluismusica@gmail.com o "pantallazo" final, onde se ve se superaron a actividade ou non.

https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5930573-repaso_do_curso_1_2.html

https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5942275-repaso_4_5_y_6.html

Por último, propóñovos dúas actividades OPCIONAIS: un baile de "Just Dance" e un "Trivial". 
Non fai falla que enviedes vídeos ou imaxes destas actividades porque son soamente para que vos divirtades e así darvos tempo aos que tedes actividades pendentes de poñervos ao día.

 https://aprendomusica.com/const2/21trivial1/trivial1.html

Sen máis, o dito:
QUE  PASADES  UN  BO  VERÁN!!