HARRY POTTER

Ola nosos nenos/as, o curso está a piques de rematar, un ano complicado...,pero vivido con gran intensidade.
Esta semana será a última na que vos propoñemos tarefas novas, pero se tedes algún traballo retrasado podedes seguir compartíndoo connosco...xa sabedes que nos fai moita ilusión ter noticias vosas e ver o ben que estades traballando dende a casiña.
Disfrutade das vacacións e recargade ben as  pilas para o vindeiro...desexámosvos un feliz verán.
Estamos desexosos de reencontrarnos con vós.
Un bico virtual moi moi moi grande! 
Esta semana a Escola de Maxia Hogwars atópase tamén pechada.Harry Potter e os seus amigos Hermione e Ron  non perden o tempo ...en calquera momento Lord Voldemort, o meigo escuro que pretende conseguir a inmortalidade,aparecerá e deben estar preparados.
Eles entrenan...faino tí tamén!
Tamén poñen a punto as súas variñas máxicas...se aínda non a tés  podes fabricar unha!
Escolle a que màis che guste.
Agora que chega o verán ....adéntrate no mundo de Hogwars.
Unha saga estate esperando.

Atrevédesvos  esta semana co reto de Harry Potter?
Pincha na imaxe.