SAMAÍN 2020

     Cada ano, cando chega o   Samaín ou Halloween  propoñémoslle ao noso alumnado diferentes actividades. 


    Nesta ocasión, a pesar do coronavirus, quixemos facer como todos os anos, unha exposición de cabazas, así que non quedou outra e tivemos que cambiar a forma de facela. Aquí tedes o vídeo con imaxes dos nenos e nenas que quixeron decorar as súas cabazas. Mirade ben atentos!!
 

    Outra actividade que fixemos este ano foi o  Preguntorio do Outono  no que participaron todos os nenos e nenas do colexio. Cada titoría proponvos unha adiviña diferente, saberedes respostar a todas elas? Clickade na imaxe e comprobádeo!



    Por último, pinchade na seguinte imaxe para ver fotos deste día....pero advertímosvos, nelas sairán moitos pequenos monstruos, vampiros, esqueletos, etc.
 

  DESEXÁMOSVOS  UN  TERRORÍFICO  SAMAÍN!!!