JINGLE BELLS

Ola nenos e nenas de 4º, 5º e 6º!

Este curso polas medidas de proteción que temos que tomar con respecto á COVID-19, estivemos practicando a frauta na clase só coa dixitación, sen soprar e sen sacarnos a mascarilla pero agora, tedes que practicar vós na casa o que estivemos aprendendo no cole.

Déixovos a continuación os dous enlaces que estivemos vendo, un para que poidades repasar as notas máis comúns e outro para que practiquedes a canción "Jingle Bells".

                   ENLACE PARA AS NOTAS            ENLACE PARA O JINGLE BELLS

Cando vos saia ben, tedes que mandarme un vídeo no que se vos vexa tocando a canción coa música do enlace, ao seguinte e-mail:  freiluismusica@gmail.com  

Podedes mandarme o vídeo dende agora ata o 30 DE NOVEMBRO que é a DATA LÍMITE.

ÁNIMO a tod@s!! 💪Estou convencida de que vos vai saír xenial.😉