O 25 de Novembro é o Día Internacional contra a violencia de xénero. Este día pódese denominar de moitas formas pero chamen como o chamen, é un día especial, un día onde festexamos que todas as persoas, homes e mulleres, vivimos en IGUALDADE e CONVIVENCIA.
Este ano, pata traballar esta data, o CEIP Frei Luís de Granada sumouse á iniciativa promovida pola área de Educación, Muller, Xuventude e Integración do Concello de Sarria. Esta iniciativa consiste en encher a nosa contorna de mensaxes positivas. Estas mensaxes as escribimos nuns lazos morados (símbolos desta data) e estes lazos, levarémolos colgados nas nosas mochilas, así que estade ben atentos polas rúas porque seguro que veredes un montón deles.
Para ver todo o proceso de elaboración, só tedes que clicar na imaxe de arriba.