BO NADAL!!

 Como sabedes, 
este ano teremos un Nadal moi diferente 
debido á pandemia sanitaria que levamos vivindo dende marzo.

     Aínda así queremos compartir con toda a comunidade educativa un par de traballos audiovisuais nos que os nenos e nenas do noso cole viran e viran sen parar para preparar a felicitación de Nadal.

Este vídeos están elaborados en memoria de Pau Donés, artista falecido en xuño de 2020, coa intención de desexarvos bo nadal e de animar a toda a xente a coller con ánimo, forza e sentidiño este ano tan difícil que se nos presenta.


 

Ademais destes vídeos tamén queremos compartir con vós algunhas imaxes da decoración de Nadal que temos no colexio para que os nenos e nenas non perdan a maxia e a ilusión destas datas. 

Para velas facede click na seguinte imaxe:


 Por todas e todos... queda na casa.

Xuntas e xuntos o conseguiremos.

 Bo Nadal !!!!