8 DE MARZO

     DÍA  INTERNACIONAL  DA  MULLER

    Como ben sabedes, o 8 de Marzo celébrase o Día Internacional da Muller e este ano no Frei Luís fixemos un vídeo reflexivo a nivel centro no que participaron alumn@s de cada nivel educativo. O vídeo trata sobre a desigualdade económica que a día de hoxe aínda sofren moitas mulleres nos seus postos de traballo e que non tería lugar se @s adult@s reaccionásemos como o fixeron @s nos@s cativ@s, así que esperamos que vos faga reflexionar e que tod@s aprendamos deles porque neste caso, como en outros moitos, son un excelente exemplo.

    A nivel aula tamén traballamos esta data e cada titoría aportou o seu graniño de area levando a cabo actividades de todo tipo: vídeos, murais, lecturas sobre esta efeméride, marcapáxinas, dípticos, etc. e podedes ver todas elas aquí abaixo. Non ides crer todo o que traballamos!!

 

    

    Todas estas actividades teñen diferentes formatos pero un único fin, traballar a IGUALDADE entre homes e mulleres e LOITAR POLA PARTICIPACIÓN e o EMPODERAMENTO DA MULLER en tódolos ámbitos da sociedade.  

    Nós estamos convencid@s que traballando esta temática como a traballamos no Frei Luís, cada día estamos máis cerquiña de conseguila. OXALÁ SEXA PRONTO😉💪