VISITAS  AO  FREI  LUÍS  EN  ABRIL  E  MAIO

    Durante o mes de abril e maio o Frei Luís tivo varias visitas, todas elas acollidas con moita ilusión polo noso alumnado xa que a sensación que lles deron é a de voltar á normalidade e estiveron moi felices de poder participar de novo en actividades complementarias co resto dos seus compañeiros do mesmo nivel.

    As visitas que tivemos foron as seguintes:

    - Contacontos de Anaya para 3 e 4 anos e para 1º, 2º, 3º e 4º de primaria. Este contacontos versionoulles e ilustroulles contos tradicionais coma Os tres cerdiños ou Os sete cabritiños.

    - Lydia Botana, unha contacontos que encandilou aos nen@s de 5 anos contándolles unha historia dunha bolboreta que vai polo mundo na procura de algo que faga feliz ao seu amigo Gali.

    -  Conversa sobre alimentación saudable para o alumnado de 5º e 6º, onde falaron da importancia dunha boa alimentación e dos alimentos que deben incluír nela e dos que non.

    - Visionado e coloquio do documental "Mulleres de Sarria" para 6º no que a través de diferentes mulleres de Sarria, con ocupacións e idades distintas, debatiron sobre aspectos que aínda hai que mellorar en relación á igualdade de xénero.

Fai clic na seguinte imaxe para velas