Poñemos punto e final a un curso no que cada experiencia foi unha nova viaxe. Co proxecto "Viaxeiros polo mundo" afondamos sobre outras culturas, aprendemos a mirar a diversidade con respecto e empatía e comprobamos que, compartindo e colaborando, chegamos máis lonxe.

Nada disto sería posible sen a implicación do profesorado e das familias, que nos acompañaron ao longo do curso participandoen propostas como a decoración de cabazas ou a exposición das carautas do Entroido, entre outras iniciativas. 

Grazas tamén a todo o profesorado, ao alumnado e ao resto da comunidade educativa por facer do noso centro un lugar onde aprender, convivir, crear e medrar.

Agora toca descansar, gozar do verán e encher a mochila do novas ilusións. Despois das vacacións volveremos compartir novas aventuras. 

FELIZ VERÁN E ATA SETEMBRO!








 



 

PÓDCAST

GASTRONOMÍA GALEGA

 O alumnado de 5º participou nun proxecto colaborativo xunto con outros centros da comunidade para crear un recetario e un programa de pódcast sobre a gastronomía galega. Ao longo deste traballo investigamos a historia e as características de pratos e produtos como o polbo á feira, o porco celta e a torta de Sarria. Ademais, tivemos a sorte de recibir na nosa radio escolar a persoas referentes da nosa comarca, ás que entrevistamos para coñecer de primeira man a riqueza da nosa tradicción gastronómica. Unha experiencia moi enriquecedora na que aprendemos investigando, comunicando e traballando en equipo.

    Queres escoitarnos???


POLBO Á FEIRA

TORTA DE SARRIA

PORCO CELTA


  GARDA REAL 

 

FOTOS DO DÍA

 


LETRAS GALEGAS 2026

" BEGOÑA CAAMAÑO"


Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, este ano dedicado a Begoña Caamaño, no noso centro quixemos render homenaxe a unha autora e xornalista comprometida coa lingua, a cultura galega e coa defensa da igualdade, valores que tamén forman parte do noso proxecto educativo. O alumnado participou no tradicional Certame das Letras Galegas dinamizado polo centro: desde Infantil ata 2.º de Primaria elaborou debuxos sobre Galicia, mentres que o alumnado de 3.º a 6.º escribiu fermosas poesías dedicadas á nosa terra. A xornada completouse cun magnífico concerto de Clarixasos de Esmusa, que puxo a banda sonora perfecta a unha celebración chea de creatividade, música e orgullo pola nosa lingua.







 DÍA DO LIBRO


Con motivo do Día do Libro, no noso centro celebramos o poder da lectura como ferramenta para aprender, imaxinar e medrar. Ao longo da xornada realizamos distintas actividades para fomentar o gusto polos libros e compartir historias que nos inspiren, convencidos de que cada páxina lida abre unha nova porta ao coñecemento, á creatividade e aos valores que nos unen como comunidade educativa. 📚


FOTIÑOS DO DÍA



Voz Natura


🌻🌼Voz Natura 🌼🌻

Este finde saímos no xornal!! 

Un reporteiro da Voz de Galicia achegouse ata a nosa escola para informarse sobre o proxecto de Voz Natura. Como bo xornalista fíxo milleiro de preguntas. Ás cales, os nenos e nenas contestaron con moita ilusión.
Contáronlle que esta é unha proposta levada a cabo polo profe Cabana, onde os nenos e nenas de sexto coordinan  un pouquiño a actividade da "aula de Voz Natura". Dicimos aula porque é un espazo máis de aprendizaxe. Destaca  principalmente pola convivencia e integración de valores entre alumnado de diferentes idades, o respecto á natureza e coidado da mesma.
De maneira voluntaria o alumnado do Frei Luís achégase durante os recreos a gozar deste espazo verde. 


A aula conta con tres espazos diferenciados; o invernadoiro, o recuncho das plantas aromáticas e a casa dos bichos. Entre todos regan, arrincan as malas herbas e fan o mantemento necesario.

Ademais, este ano, como referencia e homenaxe ao 50 aniversario do colexio, pintaron un mural conmemorativo onde a protagonista é Luisiña, a curuxa que tamén argalla actividades pola biblioteca.
E non todo é terra... Tamén conta cun minimundo acuático. O alumnado, antes de ir a Educación Física e psicomotricidade, para contemplar a tranquilidade que transmite o acuario coa súa música relaxante de fondo e dalle de comer aos peixiños.


Animámosvos a gozar de calquera destas experiencias!!!



 DÍA DA POESÍA 

18 DE MARZO DO 2026

" Unha xornada para sentir e compartir"


O pasado 18 de marzo, o noso centro participou na no xa consagrado "Día da poesía". Celebramos xunto cos demais centro da comarca unha xornada moi especial onde se lembrou ao seu creador Eduardo Moure e se homenaxeou aos nosos montes. Devastados polos lumes o pasado verán.

 A poesía demostrou, unha vez máis , que é unha ferramenta poderosa para expresar sentimentos, conectar persoas e construír comunidade.

O alumnado foi o verdadeiro protagonista, compartindo recitados, creacións propias e interpretacións que puxeron en valor a forza das palabras.

O broche final púxoo o concerto de Francisco Castro con repertorio de cancións da nosa terra.

Resumindo, foi un espazo de encontro e convivencia arredor da literatura. Estes foron os nosos poemas.





MEDRE A POESÍA!




8M: DÍA DA MULLER


  8 M; DÍA DA MULLER


 

   Para comemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, creamos entre 

tod@s un mural onde aprendemos sobre a importancia  de construír un 

mundo máis xusto e igualitario. Descubrimos historias inspiradoras a través 

de varios exemplos de mulleres de diferentes continentes. 

Partindo sempre da nosa casa. Das nosas mulleres... nais, avoas...


TRABALLANDO POLA IGUALDADE 

                               * Aquí está o resultado (preme no enlace)


                                                XUNTOS POLA IGUALDADE




FOTIÑOS DO DÍA..









 


 


ROSALÍA DE CASTRO

Como cada 23 de febreiro,, na escola rememoramos a escritora na nosa terra por excelencia. Traballamos c o día de Rosalía de Castro como símbolo do rexurdimento galego. Esta conmemoración está marcada  para ter unha oportunidade especial para lembar a súa vida, a súa obra e o amor profundo que sentía por Galicia, pola súa lingua e pola súa xente.

Celebrar o Día de Rosalía é tamén reafirmar o noso comprosimo coa lingua galega, empregándoa con orgullo e coidándoa cada día. Rosalía ensinounos que a nosa lingua é un tesouro e que a través dela podemos expresar como o que somos.

Nela foron inspiradas lecturas e outras manualidades realizadas. Aquí podedes ver algunha delas. 


Fotos Rosalía 26

Entroido 26


🎉🎭ENTTROIDO 2026🎭 🎉

DESFILE DE INTERNACIONAL



   Este 2026 vivimos unha aventura inesquecible no noso colexio: demos a volta ao mundo

 sen saír das aulas! Italia, España, África, Canadá, China,... e, como non podía ser doutro xeito,

 Galicia tamén tivo o seu lugar especial nesta viaxe da man dos máis pequechiños.

   O máis fermoso desta experiencia foi ver como, a través da caracterización, da burla sa e

 da risa compartida, aprendemos a valorar a diversidade. O entroido ensínanos que a cor une,

 que o humor constrúe pontes e que coñecer outras culturas é a mellor maneira de medrar.

   Cabe destacar o esforzo que hai detrás das caracterizacións  e que cada destino tiña a súa

 coreografía vencellada ao estilo e lugar: movementos, música, vestuario e posta en escena

 que nos alentaban a querer coñecer os devanditos lugares. Tamén mencionar as fermosas

 caraturas realizadas polo noso alumnado no seu fogar.


Aquí deixamos una parte da nosa festa!


ENTROIDO 2026