TIC´S


Foi no curso 2012/13 motivados por unha serie de necesidades cando xurde a iniciativa de desenvolver no centro un proceso de formación  do profesorado co obxectivo de integrar as TIC no proceso de ensino e aprendizaxe , crear unha arquitectura dixital e facilitar o acceso a toda a comunidade educativa.

Así no curso 2012/13 desenvolveuse un seminario permanente co obxectivo de optimizar a páxina web do centro, creación de blogues educativos, implantación de ferramentas dixitais para a creación de contidos educativos…

Posteriormente no curso 2013/14 iniciouse un PFPP, cunha duración de dous cursos académicos con un itinerario formativo “Integración didáctica das TIC, e no uso para o traballo cooperativo en rede a través de espazos virtuais”.

Queremos recoller neste Symbaloo as ferramentas traballadas nestes cursos de formación.
 Máis ferramentas....