Este blogue está dirixido á comunidade educativa do CEIP Frei Luís de Granada. Abrangue contidos educativos dos diferentes niveis e áreas co obxecto de dotar a nais, pais, docentes e discentes dunha ferramenta virtual de formación cognitiva, afectiva e social.
Os recursos eiquí expostos están deseñados desde unha óptica teórico- práctica orientada á consecución das oito competencias básicas prescritas polo D. 130/2007, de 28 de xuño, polo que se establece o currículo de Educación Primaria na C.A. de Galicia. Corresponde ao profesorado programar as actividades atendendo aos principios de individualización, globalización e progresión, seguindo o precepto vigotskiano de aprendizaxe en estada, é dicir, aumentando progresivamente a dificultade das tarefas.
Hogano existe unha concepción endogámica xeneralizada das TICs, porén estas non deben supor unha fin en si mesmas, senón un medio para afondar no sempre marabilloso e ilusionante campo do saber. En verbas de Mario Bunge: "a ciencia non ten o monopolio da verdade e a tecnoloxía non ten o monopolio da eficacia".
Xa que logo, este espazo multimedia é unha pequena fiestra virtual pola cal observar unha outra educación posíbel, que proxecte ás nenas e nenos como verdadeiros axentes transformadores dunha sociedade postmodernista, ou tamén chamada do coñecemento ou da información. No entanto, deberíamos reflexionar se máis ben se trata dunha sociedade do analfabetismo emocional e da desinformación.
Santiago Quiroga García
Coordinador
Santiago Quiroga García
Coordinador