¿Qué lle acontece ao noso colexio?

Aló polo mes de Setembro, cando nos incorporamos ao novo curso, decatámonos de que algún tabique estaba un pouco torcido e presentaba algunha que outra fenda. Así que despois da comunicación á Xefatura Territorial tomouse unha decisión drástica: desaloxar o centro, cinco días sen clase e organizando o realoxo do alumnado nos dous IES da localidade e na EEI de Sarria, ata determinar que lle pasaba ao edificio.



Os técnicos inician as probas no edificio para averiguar onde estaban as causas das deformacións.
Entramentres nós e o alumnado xa estamos a funcionar repartidos polos novos centros.