E invítavos a facer clic no seguinte colage para que vexades o noso cole decorado.
DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
O 25 de Novembro é o Día Contra a Violencia de Xénero.
Este ano o Frei Luís traballou esta data a través da canción "Déjala que baile", dialogando sobre a súa letra e facendo un baile con todos os nenos e nenas do cole. Devandito baile, podedes velo pinchando na imaxe de abaixo.
Tamén fixemos un mural contra a violencia de xénero, lemos un manifesto e pintamos unha columna do patio de cor violeta, xa que é a cor que representa esta loita. (Podedes ver fotos de todo elo pinchando aquí.)
Por último, colaboramos con outros centros de toda Galicia nunha iniciativa do CEIP Aquilino Iglesia Alvariño, de Abadín. O vídeo final coa colaboración de todos os centros que participaron neste proxecto o podedes ver na seguinte ligazón:
DÍA DO PEÓN
Este luns celebramos no cole o "Día do peón" e para festexar esta data organizamos un concurso de peóns na hora do recreo. O concurso valora 3 categorías:
1. Mellor bailador e mellor bailadora.
2. Mellor decoración.
3. Mellor acrobacia.
Pinchade na seguinte imaxe para disfrutar deste concurso.
1. Mellor bailador e mellor bailadora.
2. Mellor decoración.
3. Mellor acrobacia.
Pinchade na seguinte imaxe para disfrutar deste concurso.
O SON QUE ME ARROLA
Este venres visitou o noso cole o grupo "O son que me arrola" que colabora coa Asociación Socio - Educativa Antonio Gandoy. Esta asociación é unha entidade sen ánimo de lucro que pretende difundir unha cultura da infancia e promover unha educación da mesma reforzando as competencias parentais das familias.
Este grupo do que disfrutaron todos os nenos e nenas de infantil achegoulles aos máis cativos a cultura tradicional galega, da man dos cantos de berce, das rimas e da instrumentación e ofreceulles un espazo lúdico onde puideron manipular diferentes instrumentos de percusión e outros realizados con material de refugallo.
Pinchade aquí e na seguinte imaxe se queredes ver o ben que o pasaron nesta actividade.

Visita á exposición de MANUEL VALCÁRCEL
Nestos días os nosos alumnos e alumnas encamiñaron os seus pasos dirección á Casa da Cultura co fin de ollar a exposición de MANUEL VALCÁRCEL.
Nesta exposición, titulada "AUGA, O SANGUE DA TERRA", Manuel Valcárcel fai unha homenaxe a este elemento, que nas súas palabras, é un "elemento vital que debe ser motivo de unión e xamais de discordia. Un elemento que debemos coidar e protexer porque marcará o devir das xeracións vindeiras".
Durante a visita os nosos nenos e nenas tiveron ademais dunha explicación sobre as fotografías expostas, un taller para concienciarse un pouquiño máis sobre a importancia que ten a auga e o importante que é usala correctamente. A continuación, tedes o resultado dalgún destos tallares.

17 DE MAIO - DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Hoxe, 17 de Maio, é o Día das Letras Galegas e para celebrar esta data tan importante na nosa comunidade, onte celebramos no cole un festival adicado a homenaxeada deste ano, que como xa sabedes, foi MARÍA VICTORIA MORENO MÁRQUEZ.
Se queredes ver imaxes das actuacións deste festival, só tedes que clicar no seguinte colage.
Se queredes ver imaxes das actuacións deste festival, só tedes que clicar no seguinte colage.
ELABORACIÓN DO MAIO
CERTAME LETRAS GALEGAS 2018
Este curso, todos os alumnos e todas as alumnas do CEIP Frei Luís de Granada participaron no "Certame de debuxos e poesía das Letras Galegas" e dende aquí, queremos darlle a noraboa a todos eles por participar.
A continuación, deixámosvos a exposición dos finalistas e dos gañadores de cada curso.
A continuación, deixámosvos a exposición dos finalistas e dos gañadores de cada curso.
23 de Abril. Día Mundial do Libro
O Día Mundial do Libro é unha conmemoración celebrada a
nivel mundial co obxectivo de fomentar a lectura, a industria editorial
e a protección da propiedade intelectual.
Dende o colexio, quixemos celebrar esta data propoñéndolles aos nosos alumnos que escribiran ou debuxaran nun mural o seu libro favorito. Éste foi o resultado.
Dende o colexio, quixemos celebrar esta data propoñéndolles aos nosos alumnos que escribiran ou debuxaran nun mural o seu libro favorito. Éste foi o resultado.
A PRIMAVERA
a primavera chegou, a primavera chegou, a primavera chegou
con ela os paxaros as plantas recobran vida xa fai moi pouco frío
e o sorriso do sol. e o inverno rematou. xa comeza a calor.
8 DE MARZO - DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
O 8 de Marzo é o Día Internacional da Muller, día que conmemora a loita da muller pola súa participación en igualdade co home, na sociedade e no seu desenrolo como persoa.
Por iso, dende o CEIP Frei Luís de Granada queremos recordar nesta data a mulleres importantes que puxeron, en diferentes ámbitos, o seu "graniño de area" nesta loita.
Por iso, dende o CEIP Frei Luís de Granada queremos recordar nesta data a mulleres importantes que puxeron, en diferentes ámbitos, o seu "graniño de area" nesta loita.
ALMORZOS SAUDABLES
Como xa sabedes, o almorzo é unha das comidas esenciais do día e por iso é importante saber ben os alimentos que debemos tomar nel. Por esa razón, os nen@s de quinto e sexto participaron nunha xornada de "almorzos saudables", onde tiveron unha charla explicativa e a continuación, un almorzo en condicións.
Entroido 2018
e VIAxRemoS a outros países,
culturas e festas
Este é o meco que estivemos preparando.........vai vir cargado de mandas.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)