NORABOA MARÍA!

Orgullosos é a palabra coa que definimos a emoción que sentimos  dende que hai uns días unha alumna da nosa escola recibira a convocatoria por parte da Federación Galega de Baloncesto  para formar parte da Selección Galega de Baloncesto que representará Galicia no vindeiro Campionato de España de Minibasquet  a disputar en Salou e Tarragona entre os días 1  e  5 de Abril .

María Parga alumna de 6ºB de Ed. Primaria  recibe así un merecidísimo premio ao esforzo, ao bo facer  e ao seu  talento. Recoñecemento ao  traballo en equipo, á  superación persoal e ao compromiso.

María comezou a xogar ao baloncesto na "escoliña" do Frei Luís, canteira do CB Sarria, e              rapidamente entrou a formar parte dos equipos do clube.

 Con moitas compañeiras  de "pupitre"   comparte equipo e compite hoxendía.

 EQUIPAZO!



Na actualidade no Frei Luís de Granada, na nosa escoliña, practican baloncesto máis de 50 rapaces e rapazas e un amplo número de xogadores de Ed. Primaria forman parte dos equipos en competición federada.

Coñecedores dos valores e bos hábitos que transmite o deporte estamos encantados de ser a canteira principal do clube sarriao e traballar en colaboración con eles dende hai anos. 

María, é a primeira en formar parte dunha selección autonómica, pero sabemos que na nosa escola se están formando grandes xogadores e xogadoras que non dubidamos que nun futuro próximo seguirán os seus pasos.

 Fantástico traballo o que están a realizar os adestradores do CB. Sarria cos nosos nenos/as!

Atrás quedan moitas horas de adestramentos, partidos, desprazamentos, concentracións e suores .
Agora toca disfrutar  deste premio... é o teu momento. NORABOA MARÍA!

MOITÍSIMA SORTE!

DENDE O COLE ESTARÉMOSTE ANIMANDO...

1,2,3 GALICIA!