4º E.P VISITA "POBO AVENTURA"
O alumnado de 4º de Primaria viaxou ata Teixeiro para realizar unha excursión na que o xogo e a natureza foron os protagonistas.
Acompañados polos mestres e monitores, fixeron un roteiro polo paseo fluvial do Carrigal, no que a través dun xogo de pistas e resolvendo actividades a modo de retos completaron a ruta.
Convertíronse en Robin Hood e probaron a súa destreza co arco e cos tira-pedras.
"Eco-Xogos", nos que vivenciaron como con simples obxectos se pode disfrutar e pasar o momentos de lecer divertidos de forma activa.
Os mellores momentos, dunha xornada moi especial...