LETRAS GALEGAS 

Este 17 de Maio celebramos un ano máis a festa das nosas letras.
Un ano no que homenaxeamos a Francisco Fernández del Riego, o inventor da conmemoración deste día.
Un home comprometido con  Galicia; coñecido como "o home orquestra da cultura galega".
Namorado da vida,  dos momentos de conversa, da música tradicional, da gastronomía, do fútbol e das viaxes.
Un home de acción, teimudo e soñador.