Este mércores os cursos 3º, 4º, 5º e 6º do Frei Luís fomos ata o Estadio Municipal da Ribela para asistir a un evento organizado pola Comandancia da Garda Civil de Lugo.
Este evento está enmarcado no Plan Director para a Convivencia e a Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e no seu Entorno e ademáis de proporcionarlles aos nosos estudantes unha oportunidade única de coñecer de preto a labor da Garda Civil e doutras entides de seguridade como a Policía Local e a Cruz Vermella, tamén puxo de manifesto a importancia da colaboración e o entendemento entre a comunidade educativa e as diferentes institucións que traballan en prol da seguridade e o benestar de todos nós.
No evento puidemos ver os recursos de diversas unidades destacando o helicóptero do Servizo Aéreo, a Unidade de Drons, O Grupo de Montaña e o de Mar, a Unidade de Criminalística, etc. e disfrutar como colofón, dunha exhibición da Unidade Canina e da Caballería Policial.
Aquí tedes soamente unha pequena mostra dese día pero se queredes ver máis, pinchade no enlace do final.









