21 DÍAS EN GALEGO E  +

Día 14

30 de xaneiro, Día da Paz.

Comezamos a mañá visitando  o blog dos 21.
Neste caso da man 
 do Ceip Ponte dos Brozos de Arteixo, un dos coles de Galicia onde estudan alumnas e alumnos de procedencias moi  diversas. O seu alumnado falounos  de igualdade a través de exemplos concretos de mulleres que están na súa contorna.

Na nosa escola celebramos este día cun encontro no patio no que xuntos cantamos "Digo Stop" de Unai Quirós. Esta canción reflexiona sobre o importante que é saber xestionar as emocións para sentirnos mellor a nivel individual pero tamén para ter un mellor ambiente e unha mellor convivencia coas persoas da nosa contorna. Non vos perdades o vídeo porque o noso alumnado deu o do de peito😉.

Nesta xuntanza tamén escoitamos o conto "Unha Historia a Contrarreloxo", que como ben sabedes, iniciouse en infantil e foi subindo ata sexto de primaria tomando corpo coas aportacións que facía cada titoría. Un conto único e propio do Frei Luís. Escoitádeo porque a Luisiña pásalle de todo antes de chegar a nosa biblioteca.


   Por último, a nivel aula tamén traballamos o Día Da Paz con diferentes actividades e se pinchades no seguinte colage poderedes velas todas e moitas máis fotos e vídeos deste día.


Recordade ...

https://blogs.xunta.gal/21diascogalegoemais/

Continuamos!