21 DÍAS EN GALEGO E  +

Día 9

Hoxe xoves  traballamos  as emocións co alumnado do CEP Campolongo de Pontevedra. 
Saber xestionar as emocións é unha aprendizaxe indispensable para as persoas. 
Visitamos o blog,  disfrutamos coa súa proposta e conversamos.

Hoxe a música galega chegou ao recreo do Frei Luís.
Bailamos e cantamos coas propostas musicais recollidas polo alumnado colaborador.Con ese obxectivo visitamos, días antes, o patio de infantil, primaria, a sala de profes, falamos cos mestres, para recoller as súas propostas musicais.
Elaboramos unha "Playlist" na que non faltaron as Tanxugueiras, Malvela, Lucía Pérez, A Banda da Balbina, Paco Nogueiras, Magín Blanco, Fillas de Cassandra...
Así o vivimos...
               

Mañá que acontecerá?