ENCONTRO 21 DÍAS EN GALEGO E  +

O 21 de febreiro , "Día da Lingua Nai", viaxamos ata Santiago de Compostela para participar na xuntanza e compartir a mañá  cos 10 coles protagonistas  nesta edición do proxecto. 

Centros de primaria das 4 provincias galegas,  preparámonos para a ocasión. Máis de 600 persoas reunímonos no acto celebrado no Auditorio Fontán, na Cidade da Cultura de Galicia. 

50 nenos/as de 6º representaron ao noso  cole. 

O acto foi presidido por Román Rodríguez, Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade  e o presidente da Real Academia Galega, Víctor Fernández Freixanes.

Pakolas, presentou e puxo ritmo á xornada.

 No Frei Luís con gañas e ilusión preparamos a nosa actuación "CONXURO"

Esconxuramos en prol da lingua, nunha actuación que mesturou música, danza, poesía, cancións  e acrobacias.

Compartimos convosco a nosa actuación, desexando vos guste...

Noraboa aos nenos participantes na xornada que con entusiasmo, responsabilidade e gañas prepararon días antes a súa actuación.

 Encantados regresamos a Sarria, noraboa !

ORGULLOSÍSIMOS  DE VÓS!

Pero, o día deu para moito máis, mirade!