21 DÍAS EN GALEGO E  +

Día 16

Hoxe o alumnado do Ceip. Pintor Laxeiro de Vigo compartiron unha morea de accións para protexer o planeta. Prestamos moita atención aos seus consellos; falamos, debatimos, reflexionamos...
Os contos foron os protagonistas do día.  
Profe Marta escolleu para a ocasión "SOPA VERDE" 
O protagonista deste conto, un teimudo coello, só come alimentos de cor verde. Todos os seus amigos de xeito repetitivo, invítano a comer alimentos doutra cor. El négase, ata que  o moucho cociña unha sopa con todos os ingredientes que atopa e... ENCÁNTALLE!!!

Profe Elena compartiu cos nenos e nenas de Ed. Infantil 
"A CASA DA MOSCA CHOSCA".
Farta de zoar dun lugar a outro, a mosca chosca decidiu facer unha casa e convidar aos animais do bosque. Fixo un pastel de amoras, colocou sete banquetas e sete pratos na mesa. Co  arrecendendo da torta, foron aparecendo, do máis pequerrecho ao máis grande, sete estraños personaxes. .
Graciñas por compartir historias tan bonitas.
Pasámolo  xenial co voso bo facer!

Mañá máis...