DÍGOCHO EU!

Aínda que xa clausuramos  os " 21 Días co Galego e +", seguimos disfrutando de actividades arredor do proxecto.
Onte foi o día de falar con Esther Estévez, presentadora do programa 
"Dígocho Eu".
Un programa de mellora do uso da lingua galega de xeito divertido da TVG.
Todas as aulas do cole tiveron a oportunidade de disfrutar dunha videoconferencia con ela, e incluso interactuar.
Manuel e Maitane, fixéronlle preguntas e convidárona a coñecer Sarria e visitar a nosa escola.
VIRÁ?
Nós, demos os nosos pasiños cara o bó uso da lingua e convertímonos en Esther.
APRENDIMOS UN MONTÓN!