Día da Poesía 

21 de marzo, día no que os versos collen protagonismo e xuntan aos centros educativos da comarca de Sarria na Praza da Vila nun acto promovido polo Ies Gregorio Fernández.
Graciñas por contar conosco un ano máis.
Unha xuntanza moi especial que leva o nome de "Eduardo Rey Moure", mestre dinamizador e impulsor da cultura e da lingua.
Este ano a temática foi a AMIZADE.
O alumnado de 6º de Ed. primaria foi convidado á celebración.
Mirade que ben o fixeron!