LETRAS GALEGAS
Rematamos a semana das Letras no Frei Luís.
Unha semana cargadiña de actividades, convivencia, enigmas, visitas, exposición, música, libros...e sobre todo cargadiña de Luísa Villalta, autora homenaxeada este ano.
Dende o equipo de biblioteca propuxéronnos un reto!
A curuxa Luisiña, fíxonos mover a imaxinación, discurrir, investigar, pensar....cada día unha pista ata chegar á solución .Tiñamos que descubrir o nome dun monumento da súa cidade natal.
Divertido non si?
Exposicións bibliográficas de Luísa Villalta: a súa biografía, impresa e manuscrita polo alumnado de Ed.Infantil.
Nós coma Luísa tamén levamos moita arte dentro!
Así que como en anos anteriores convocamos o "Certame Literario de Letras Galegas".
Este curso nas modalidades de debuxo e poesía.
O alumnado de 5º de E.P foi o encargado do mural do patio.
Propuxéronnos un "ROTEIRO POLAS LETRAS GALEGAS".
Viaxamos por vilas e cidades galegas nas que viviron e produciron a súa obra escritores e escritoras galegas homenaxeados en anos anteriores da man dunha guía de excepción.
O alumnado de 6º de Ed.Infantil gozou dunha fermosa visita literaria da que disfrutaron un montón.
O equipo de colaboradores de biblioteca do Ies Gregorio Fernández, propúxonos unha actividade de convivencia...UN CONTACONTOS!
Visitaron a nosa biblioteca, compartiron connosco unha fermosa historia de Luísa Villalta e ata nos deixaron un agasallo!
Moitísimas grazas ao profesorado e a o alumnado por pensar en nós e querer compartir o seu bo facer.
Dende o Departamento de Orientación chega unha fermosa biografía en linguaxe de signos.
Unha proposta de innovación pedagóxica relacionada coa educación inclusiva e a atención á diversidade.
E como era de esperar, a esta semana agardábaa unha gran festa de clausura...
QUEREDES VELA?.Así o vivimos...
Se quedades con gañas de ver as actuacións completas aquí vos quedan os vídeos....
"GAITEIRIÑ@S DO FREI LUÍS"
E os nosos bailes ...
"INDO EU"
"PASODOBRE CORRIDO"
PARABÉNS ÁS LETRAS GALEGAS!!!!!!
PARABÉNS A TODO O NOSO ALUMNADO!!!!







