"DÍA DA DISCAPACIDADE"

Durante a semana do 2-5 de decembro celebramos no cole o 

"Día Internacional das Persoas con  Discapacidade"

 A semana estivo adicada a fomentar a inclusión e aumentar a conciencia entre o alumnado sobre os desafíos cos que se atopan as persoas con discapacidade sensorial e motórica no día a día.
Este ano centrámonos nos xogos e no deporte, dentro do  proxecto que estamos a realizar sobre "Os Xogos Olímpicos" 
As actividades incluiron traballos de aula, visitas, obradoiros... e incluso unhas OLIMPIADAS!
Comezamos a semana coa visita  do Club ADM de Ferrol, con eles o alumnado de 3º/4º de primaria descubriu o  BOCCIA, un  deporte paralímpico practicado por persoas en cadeira  de rodas que teñen parálise cerebral, lesión cerebral ou discapacidade física severa. 
Consiste  en lanzar bolas intentando deixalas o máis próximas posibles ao boliche  dende un  dos  extremos do campo.
+MIRADE COMO FOI...
 Aprenderon sobre a importancia da inclusión na sociedade e experimentaron en primeira persoa os retos aos que se enfrentan as persoas con dificultade de mobilidade e practicaron a desprazarse en  cadeira de rodas facendo un pequeno circuíto e incluso tirar  uns tiros á canastra.
  +PREME NA IMAXE...
O alumnado de 5º e 6º de primaria recibiu a visita do Club Bádminton ATHLOS de Ourense e dous dos seus atletas paralímpicos que forman parte da selección española de Bádminton  e compiten a nivel internacional.
Un luxo recibilos na nosa escola!!!
Como broche final da semana celebramos unhas  "OLIMPIADAS POLA DISCAPACIDADE", unha xornada de encontro e sensibilización na que o alumnado de 6º de Primaria foron os encargados de dirixir.
O alumnado de Ed.Infantil tamén viviu a súa cita olímpica!
PARABÉNS A TODO O ALUMNADO COLABORADOR 
 FANTÁSTICO TRABALLO ! 
GRACIÑAS